3 de marzo de 2015

ESCRITORAS EN GALEGO DA ACTUALIDADE Elisa 4ºA

Chelo Suárez



      Naceu na  Coruña, no seo dunha familia mariñeira.
A súa obra máis coñecida é  As horas rotas:  novela histórica de estilo poético. Trata sobre  Galicia, as mulleres , a Guerra  Civil e o exilio.  Intenta transmitir nela como foron eses duros anos de guerra.





        


                                   Rosa Aneiros


            Licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidad  de Santiago de Compostela , desenvolveu actividade docente na Escola de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela e colaborou en varios programas de radio.
 Unha das súas obras máis coñecidas é Sol  de inverno. Trata temas de moita importancia na historia do galego: a Guerra Civil española, a emigración e o  exilio.





 Pilar García Negro




     Estudiou Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela .Ten varias obras de moita importancia como:
33 aproximacións á literatura e á língua galega (1984, 1990)
O galego e as leis. Aproximación sociolingüística (1991)
Sempre en galego (1993, 1999)


Nelas fala da importancia da utilización do galego.





                                                

MULLERES EUROPEAS XIX XX : Sara Pérez 4ºC












MULLERES ESCRITORAS EUROPEAS  XIX/XX


SIMONE DE BEAUVOIR




 Simone Lucie Ernestine Marie Bertrand de Beauvoir máis coñecida coma Simone de Beauvoir, nada en París o 9 de xaneiro de 1908 e finada na mesma cidade o 14 de abril de 1986, foi unha novelista francesa, filósofa existencialista e feminista figura importante na reivindicación dos dereitos da muller. Escribiu novelas, ensaios, biografías e monográficos sobre temas políticos, sociais e filosóficos.Foi parella do tamén filósofo Jean Paul Sartre. Naceu nunha familia burguesa, sendo a maior de duas irmás. Foi educada baixo unha forte moral cristiá católica, no Centro Adeleine Désir. Unha vez rematados os estudos de bacharelato entrou na Sorbona, onde foi a alumna máis nova que conseguiu acadar o título de Filosofía. En 1929 coñeceu a Jean-Paul Sartre, tamén estudante de filosofía nesa universidade. Foi profesora de filosofía ata 1943 en escolas de diferentes lugares de Francia, ata a ocupación nazi de París no marco da Segunda Guerra Mundial. En 1943, foi separada do seu posto por suposta corrupción de menores. Durante ese período viviu na cidade tomada, formando parte do movemento da Resistencia francesa.
Novelas:
1943: L'Invitée (A convidada).
1945: Le Sang des autres (A sangue dos outros).
1946: Tous les hommes sont mortels (Todolos homes son mortais).
1954: Les Mandarins (Os mandaríns). Gañadora do Premio Goncourt).
1966: Les Belles Images (A belas imaxes).
1968: La Femme rompue (A muller rota).
1979: Quand prime le spirituel (Cando predomina o espiritual)
Ensaios:
1944: Pyrrhus et Cinéas (Para qué a acción).
1947: Pour une morale de l'ambiguïté (Para unha moral da ambigüedade).
1949: Le Deuxième Sexe (O segundo sexo).
1955: Privilèges (O pensamiento político da dereita).
1957: La Longue Marche (A larga marcha). Ensaio sobre China.
1970: La Vieillesse (A vellez).
1972: Faut-il brûler Sade?.
Memorias:
1958: Mémoires d'une jeune fille rangée (Memorias dunha xoven formal).
1960: La Force de l'âge (A plenitude da vida).
1963: La Force des choses (A forza das cousas).
1964: Une mort très douce (Unha morte moi doce).
1972: Tout compte fait (Final de contas).
1981: La Cérémonie des adieux (A cerimonia do adeus).
Teatro:
1945: Les Bouches inutiles (As bocas inútiles).



CARMEN CONDE


 Carmen Conde Abellán nada en Cartagena o 15 de agosto de 1907 e finada en Madrid o 8 de xaneiro de 1996, foi unha mestra, poeta e narradora española. En 1931 fundou, xunto con Antonio Oliver Belmás, a primeira Universidade Popular de Cartagena. Foi a primeira académica de número da Real Academia Española. Ós seis anos trasladouse coa súa familia a Melilla, onde viviu até 1920. As memorias desta época están recollidas en Empezando La vida. En 1923, aprobou unhas oposicións para Auxiliar da Sala de Delineación da Sociedad Española de Construcción Naval e comezou a traballar, iniciando a súa colaboración coa prensa local un ano máis tarde. Ós 19 anos comezou Maxisterio na Escola Normal de Mestras de Murcia.
Un ano despois, en 1927, coñeceu ó poeta Antonio Oliver Belmás e formalizaron as súas relacións.En 1930, remata os seus estudos de Maxisterio na Escola Normal de Albacete. Un ano máis tarde, o 5 de decembro de 1931 casan para crear a primeira Universidade Popular de Cartagena. En 1933, ambos fundan a revista Presencia, órgano da Universidade Popular, institución que tamén conta con biblioteca de adultos, biblioteca infantil, cinema educativo, conferencias, excursións, exposicións de arte, etc. En 1934, traballa como Inspectora-Celadora de Estudos do Orfanato de El Pardo, ata que dimite en 1935. Neste ano, os esposos colaboran con xornais nacionais, como El Sol, e tamén con publicacións seriadas hispanoamericanas. En 1936 a autora coñece a Amanda Junquera, esposa do catedrático de Historia Española Cayetano Alcázar Molina, coa que manterá unha relación amorosa homosexual. Ó comezar a Guerra Civil, Oliver únese ó exército republicano á fronte da Emisora Radio Fronte Popular n. 2. Carmen séguea por varias cidades de Andalucía, pero regresa a Cartagena para coidar da súa nai. Ó rematar a Guerra, Oliver vive recluído en Murcia en casa da súa irmá; Carmen instálase en El Escorial en casa duns amigos, o Alcázar. Para comunicarse co seu marido válese do seu amigo José Ballester Nicolás, director da La Verdad e funcionario de Correos.
A década de 1940 foi literariamente moi produtiva para ambos; ela utiliza como pseudónimos Magdalena Noguera, Florentina del Mar e outros. Imparten cursos para estranxeiros, pronuncian conferencias... Por fin, o matrimonio pode reunirse en 1945. O 28 de xullo de 1968 morre Antonio Oliver. No ano 1978 é elixida académica de número da Real Academia Española, ocupando a cadeira de brazos "k", pronunciando o 28 de xaneiro de 1979 o discurso de ingreso na Academia, Poesía ante el tiempo y la inmortalidad.
A partir do ano 1982 e a pesar da continuidade no seu labor creador, comezan a manifestárselle os primeiros síntomas do Alzeheimer. En 1987 recibe o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil. En setembro de 1992 redacta o seu testamento legando ó concello de Cartagena, a súa cidade natal, a totalidade da súa obra literaria e a do seu home.  



 

MARÍA XOSÉ QUEIZÁN




  María Xosé Queizán Vilas, nada en Vigo o 5 de febreiro de 1939, é unha escritora, catedrática de lingua e literatura galega, e figura relevante no movemento feminista na Península Ibérica.Comezou a súa carreira como escritora na súa adolescencia, escribindo artigos para o periódico vigués El Pueblo Gallego. Nos cincuenta participou en obras de teatro, chegando a crear en 1959 o "Teatro de Arte y Ensayo de la Asociación de la Prensa de Vigo", e a fundar e dirixir de 1967 a 1968 o "Teatro Popular Galego". O seu carácter emprendedor levouna a desempeñar varios papeis a cargo de diversas organizacións, como directora da asociación feminista Feministas Independentes Galegas (FIGA), directora da galería de arte Roizara de Vigo, vicepresidenta do Consello Municipal da Muller do concello de Vigo e directora e organizadora do I encontro de Mujeres Poetas Peninsulares y de las Islas (1996).
O seu labor como escritora diversifícase en todos os xénero e estilos: novela, conto, ensaio, teatro e poesía; tamén é tradutora. Os seus ensaios feministas tratan temas tan controvertidos como a colonización sexual das mulleres, o cuestionamento da maternidade biolóxica e a reflexión sobre a escrita non androcéntrica.
Teatro:
Non convén chorar máis (Inédita).
Antígona, a forza do sangue, 1989, Xerais.
Antígona. A cartuxeira. Neuras, 2008, Galaxia
Poesía:
Metáfora da metáfora, Espiral Maior, 1991.
Despertar das amantes, Espiral Maior, 1993.
Fora de min, 1994, Sons Galiza.
Catro poemas a Rosalía, 1997, Fundación Rosalía de Castro.
Non o abras como unha flor: poesía reunida 1980-2004, 2004, Xerais.
Cólera, 2007, Xerais.
Narrativa:
A orella no buraco, 1965, Galaxia. Novela.
Amantia, 1984, Xerais. Novela.
A semellanza, 1988, Sotelo Blanco. Novela.
Amor de tango, 1992, Xerais. Novela.
O solpor da cupletista, 1995, Nigra. Novela.
Ten o seu punto a fresca rosa, 2000, Xerais. Novela
¡Sentinela, alerta!, 2002, Xerais. Novela
Meu pai vaite matar, 2011, Xerais.
A boneca de Blanco Amor, 2014, Galaxia. Novela.
Ensaio:
A muller en Galicia, 1977, Edicións do Castro.
Recuperemos as mans, 1980, Edicións do Cerne.
A muller galega no ensino. A muller e a cultura, 1981, Ministerio de Cultura.
Evidencias, 1989, Xerais.
Escrita da certeza. Por un feminismo optimista, 1995, Espiral Maior.
Misoxinia e racismo na poesía de Pondal, 1998, Laiovento

AGATHA CHRISTIE





 Agatha Mary Clarissa Miller Christie, nada en Torquay, Devon, o 15 de setembro de 1890 e falecida en Cholsey, Oxfordshire, o 12 de xaneiro de 1976, foi unha escritora inglesa de novelas de misterio. Tamén escribiu novelas románticas baixo o pseudónimo de Mary Westmacott. É coñecida como a Raíña do Crime. Agatha Christie é a escritora de misterio máis coñecida do mundo.Publicou máis de oitenta novelas e obras de teatro. A maioría das súas novelas e relatos foron levados ó cine. Agatha Christie, de pai norteamericano e nai británica,  nunca tivo a nacionalidade estadounidense.
O seu primeiro matrimonio, nada feliz, tivo lugar en 1914, co coronel Archibald Christie, aviador do Royal Flying Corps. A parella tivo unha filla, Rosalind Hicks, e divorciouse en 1928.
Durante a Primeira Guerra Mundial traballou nun hospital e no dispensario do mesmo, o que tivo certa influencia na súa obra: moitos dos asasinatos que relata lévanse a cabo con velenos.
En decembro de 1926 desapareceu durante once días, causando gran alarma na prensa. O seu vehículo atopouse abandonado nunha canteira. Finalmente atopóuselle nun hotel de Harrogate, onde dixo sufrir amnesia a causa dun ataque de nervios trala morte da súa nai e a confesión de infidelidade por parte do seu marido. Aínda hoxe se discute se todo é verdade ou simplemente un truco publicitario.En 1930 casou co católico Max Mallowan, un arqueólogo 14 anos menor. Acompañouno nas súas viaxes ó Medio Oriente, que serviron de trasfondo a varias das súas novelas.
En 1961 foi nomeada membro da Real Sociedade de Literatura, e feita doutora honoris causa en Letras pola Universidade de Exeter.

En 1971 concedéuselle o título de Dama do Imperio Británico (Dame), o equivalente feminino do título de Sir, un título de nobreza que naquela época se concedía con menos frecuencia ás mulleres do que se fai con xustiza hoxe en día.
Agatha Christie morreu de causas naturais o 12 de xaneiro de 1976, con 85 anos. Varios dos seus libros foron publicados a título póstumo, entre eles a súa autobiografía.Ademais de ser escritora detectivesca escribiu seis novelas románticas baixo o pseudónimo de Mary Westmacott, algunhas obras teatrais e un libro de poemas.
Unha das características principais da prosa detectivesca de Agatha Christie é que se desenvolven no que se denomina o whodunit; o que permite ó lector ensaiar hipóteses e, en suma, intentar adiviñar a identidade do culpable antes de acabar a lectura do relato.




 

GLORIA FUERTES







 Nada en Madrid o 28 de xullo de 1917 e finada na mesma cidade o 27 de novembro de 1998, foi unha poeta española. Naceu en Lavapiés, de nai costureira e sirventa, e de pai bedel. Pouco se sabe da súa vida familiar, xa que a escritora sempre gardou celosamente a súa intimidade. Tense especulado sobre a súa homosexualidade, que aparece sutilmente declarada en poemas como Lo que me enerva, Me siento abierta a todo ou A Jenny.
Asistiu ó Instituto de Educación Profesional da Muller, pero as súas afeccións eran moi diferentes ás propias das mulleres da súa época. O seu interese polas letras comezou con cinco anos, cando xa escribía e debuxaba os seus propios contos. Empezou a escribir versos con catorce anos, e con quince  líaos en Radio España de Madrid. Con dezasete deu forma ó seu primeiro libro de poemas, Isla ignorada, que sería publicado en 1950.
O humor en Gloria Fuertes é unha forma crítica de deconstruír a realidade e descubrir a verdade das cousas. A guerra civil deixou unha profunda pegada nela. O antibelicismo e a protesta contra o absurdo da civilización están presentes na súa poesía de forma categórica. A obra de Gloria Fuertes caracterízase pola ironía coa que trata cuestións tan universais como o amor, a dor, a morte ou a soidade. Todo isto aderezado con curiosas metáforas e xogos lingüísticos cheos de encanto, frescura e sinxelez, que dotan ós seus poemas dunha gran musicalidade e cadencia cercana á linguaxe oral.
Entre 1940 e 1953 comezou a colaborar en revistas infantiles, Pelayos, Chicos, chicas y chiquitito, Maravillas e o suplemento infantil do diario Arriba, para o que publicou as historietas de Coletas e Pelines. fundou en 1947, xunto con María Dolores de Pueblos e Adelaida Lasantas o grupo "Versos con faldas" que organizaba recitais e lecturas de poesía por bares e cafés madrileños, colaboraba en revistas para adultos. Entre 1955 e 1960 estudiou biblioteconomía e inglés no Internacional Institute. En 1961 obtivo a bolsa Fullbright en Estados Unidos para impartir clases de Literatura española na Universidade de Bucknell, ademais de recibir en 1972 a Bolsa da Fundación Juan March de Literatura Infantil.
A mediados dos 70 colabora activamente en diversos programas infantiles de TVE.
Poesía:
Canciones para niños (1952)
Villancicos (1956)
Cangura para todo (1968) Mención de honra no Premio Hans Christian Andersen de literatura infantil.
Don Pato y Don Pito (1970)
Aurora, Brígida y Carlos (1970)
La pájara pinta (1972)
El camello cojito (1978)
Teatro:
La princesa que quería ser pobre (1942)
Prometeo (1952) Primeira obra de teatro en verso
El chinito Chin-cha-té (1955)
Literatura para adultos:
Isla ignorada (1950)
Antología y poemas del suburbio (1954)
Aconsejo beber hilo (1954)

1 de marzo de 2015

Traballo. Saray Darriba 4ºA

MULLERES DO SÉCULO XIX
Filomena Dato
Ourense 1856 - A Coruña 1929

Escritora e defensora das mulleres a finais do século XIX. Deuse a coñecer gañando un premio co seu poema "En defensa das mulleres". Neste poema, recollido despois no seu único libro en galego, Follatos, Filomena Dato combina partes nas que argumenta a sabedoría das mulleres con argumentos bíblicos e históricos. Figuraban por primeira vez neste poema, mulleres galegas  ilustres de todos os tempos, como María Pita e Rosalía de Castro.

Mantivo amizade con Sofía Casanova, con Emilia Pardo Bazán e Fanny Garrido, onde compartían as súas inquedanzas feministas. E, como elas, participou activamente na vida literaria da época, como se constata, por exemplo, na súa intervención na homenaxe a Curros Enríquez feita en Ourense en 1913.

 Foi unha poeta profundamente premiada e unha das voces máis sobresaíntes do feminismo galeguista de entre séculos. De feito é a segunda escritora, logo de Rosalía, que publica un libro en galego no século XIX.

En 1906, ano da fundación da RAG, foi nomeada académica correspondente xunto con outras literarias contemporáneas.

OBRAS:

-Penumbras. Colección de poesías Establecimiento tipográfico de R. Labajos. 1880. Madrid.

-La letanía lauretana en verso , Imprenta de La Propaganda Gallega. 1887. Ourense.

-Follatos. Poesías gallegas, Imprenta de Antonio Otero. Ourense. 1891

-Romances y cantares, Imprenta de Antonio Otero. Ourense. 1895

-A la tuna conimbricense, Imprenta El Eco. Santiago de Compostela. 1898

-Fe. Poesías religiosas, Tipografía El Noroeste. A Coruña. 1911

Traballo feito por: Saray Darriba González 4ºA

Traballo ''Escritoras do século XIX'' Roberto 4ºA

Concepción Arenal

Nacemiento

Concepción Arenal naceu en Ferrol, en xaneiro de 1820. Quedou orfa de pai á idade de oito anos. O seu pai, Don Angel sufriu moitas veces prisión pola súa ideoloxía liberal e por estar en contra do réxime monárquico absolutista de Fernando VII. Aqueles tempos en prisión fixéronlle caer enfermo e don Angel morre en 1829.

Infancia e Xuventude

Despois da morte do seu pai, a nai de Concepción, xunto coas súas fillas: Antonia e Concepción trasládase a Madrid en 1824, a terceira filla Luísa morrera. Un ano despois da morte da súa nai, en 1842, Concepción vístese de home para poder asistir á Universidade Complutense de Madrid e tomar clases na Facultade de Dereito . Na universidade, Concepción coñece ó home que logo sería o seu marido.

Vocación Feminista

Concepción Arenal dedicou a súa pluma á reivindicación das situacións marxinadas; escribiu para que a leran, para que a entenderan, para que os sus lectores participaran nos seus ideais.Un dos aspectos máis progresistas de Concepción Arenal é súa consideración da muller como ser humano marxinado a quen hai que axudar, estimular e respetar, non en rendicións galantes, nin en modais encantadores e protectores, senón educándoa na dignidade da súa propia condición. Como escritora, Concepción Arenal elixiu o xénero e os medios máis accesibles aos lectores: o xénero epistolar e o folletín. As obras que presentan esta vocación de Concepción Arenal son:  La mujer del porvenir, La educación de la mujer, El estado actual de la mujer en España, El trabajo de las mujeres, La mujer de su casa, y El servicio doméstico.



Os últimos anos
A década dos oitenta foi máis reposada na vida de Concepción Arenal. Sobrepasados os setenta anos, vivía co seu fillo Fernando. A inicios de 1890, Concepción Arenal decidiu cambiar a súa residencia a Vigo, onde se agravaron as súas doencias. A mañá do catro de febreiro de 1893, Concepción Arenal faleceu á idade de setenta e tres anos de catarro bronquial crónico. Ao día seguinte foi enterrada en Vigo nun dos máis populosos enterros.


Actualmente,hai un monumento de Concepción Arenal en Madrid
Aquí deixo un fragmento dun dos seus poemas
EL SOBRIO Y EL GLOTÓN

Había en un lugarón
Dos hombres de mucha edad,
Uno de gran sobriedad
Y el otro gran comilón.

La mejor salud del mundo
Gozaba siempre el primero.
Estando de Enero a Enero
Débil y enteco el segundo.

28 de febreiro de 2015

Escritoras do S XIX David Rodríguez 4ºA

 
 ALFONSINA STORNI
 
Poetisa e escritora arxentina que se caracterizou por ser cen por cento feminista, os seus primeros poemas caracterizanse pola influencia do modernismo, mentras que a súa obra posterior tende á vangarda.
A súa obra é unha defensa da liberdade artística e individual. A súa vida e obra son un mito iconográfico dun activismo resentido contra o masculino. A súas letras mostran a una excelente poetisa do amor, unha muller loitadora pola igualdade feminina que non se pode ubicar no feminismo radical. Na súa vida e obra entremezclanse emoción, sentimento e reflexión, a súa poesía é erótica humana, busca o amor, ten vivenzas e poesía do seu ego angustiado que termina co suicidio. Sempre buscou a igualdade entre o hombre e a muller. Tivo  a coraxe necesaria para oporse á regra que esixía a virxinidade feminina pero non a masculina, de aquí naceron as súas obras.
Ex: Ti me queres branca.
 
 
 Fragmento
Ti me queres branca.
Tú me quieres alba,
Me quieres de espumas,
Me quieres de nácar.                             
Que sea azucena
Sobre todas, casta.
De perfume tenue.
Corola cerrada….
 
 
DAVID RODRÍGUEZ CASTRELOS 4ºA

23 de febreiro de 2015

mulleres escritoras

Virginia Wolf 

26 de marzo de 2014

X.M. DÍAZ CASTRO, Nimbos " Penélope"

PENÉLOPE



Un paso adiante i outro atrás, Galiza,

i a tea dos teus sonos non se move.

A espranza nos teus ollos se esperguiza.

Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrolla o sono mól coma unha uva.

Pro ti envólveste en sabas de mil anos,

i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día

a xente que levaron. Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén, Xesús María!,

e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,

o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.

Un paso adiante i outro atrás, Galiza




Para saber máis sobre o autor e a obra:
http://www.aelg.org/resources/didacticspace/units/didactic29/DW_didactic29_1.pdf


LETRAS GALEGAS 2014, XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

8 de decembro de 2013

LAURA1ºA, Bala Perdida



-Rosa:Tiña medo,tiña medo a que non fose el,entón calou.Acompañounos ao barco.Xusto cando o barco quería desembarcar,saltou á proa e preguntoulle a Bala Perdida,-Ti es o tío Isaac ? ,un intre de silencio deixa a Rosa con intriga,-Miña queridiña Rosa,-Xa sabía que eras ti pero tiña medo a dicircho,sempre estaremos xuntos.
Anos despois Rosa converteuse nunha auténtica Pirata e viaxou co seu tío,Bala Perdida.

 

SARA 1ºA, Bala Perdida


 Quedei mirando para Bala Perdida . Tiña moitas gañas de decirlle que era o meu tío , pero el adiantouse e díxome: -Rosa , son o teu tío - gustaríame queb viñeses  comigo para axudarme e coñecernos mellor. 
 Eu contesteille que non , xa que non podía abandoar a tía Amalia .
De súpeto Bala Perdida díxome: -Quero quedarme aquí contigo , para sempre- Púxenme moi contenta.
Quedou a traballar no Celtic News comigo e pasámolo xenial facendo historias .

DIEGO 1ºA, Bala Perdida

 

 
 
Diego Alonso Iglesias 1ºA
Rosa confésalle a Bala Perdida que coñece a súa verdadeira identidade e este dille a Rosa que el tamén sabe que é a súa sobriña. Rosa cóntalle á súa tía o paradero do seu tío Isaac e vanse vivir ao Liberdade.
Os xudeus recibiron o seu ouro e Rosa convértese na noiva de Rai, casan e teñen fillos. Agora todos forman unha gran familia, xunto a todos os piratas do Liberdade e máis o corvo Calamidade.